jueves, 9 de julio de 2020

Limodre praias.


 Limodre é unha parroquia situada ao bordo de ría de Ares, é un localidade pequena de menos de medio milleiro de habitantes. Onde nos coñecemos todos cos nosos defectos e as nosas virtudes. Pero ese non é o caso, estamos aquí e para falar de Limodre e das súas paraxes. Evidentemente non é a repanocha.
Pero, aos de Limodre de sempre, agrádanos, gostamos de ir ás súas praias, ou polo menos gostábamos, xa que fai anos alguén as descubriu e os nativos  marcharmos. Non por insociables, máis ben porque o noso era outro xeito de entender a praia, eran calas solitarias, familiares, onde estamos os autóctonos e xentes de parroquias veciñas, pero todos coñecidos. Nalgunha como Coido só ía a chavalería, alí comiamos mexilóns á lata, bebíamos, fumábamos e escoitábamos cintas en radiocasetes, nós e ninguén máis. Accedíamos baixando por unha estreita senda aberta nun dos seus acantilados. Máis tarde o concello aplicou o plan Benidorm e todo foise….. Almieiras era a praia de referencia para os máis novos. Alí estaba e está o Cotillón, unha especie de piscina natural cos seus trampolíns naturais. Tamén a corda, que facia e fai de liana para chimparse ao mar imitando ao mismísimo Johnny Weissmüller, e por suposto o bar do Emigrante onde logo dunha longa xornada de area e salitre podías endulzar os beizos cun delicioso xeado dos de galleta e nata. Engadir, para o que non o saiba, que Almieiras foi  a praia que inspirou a  Andrés Dobarro  "Corpiño Xeitoso", ou diso presumen os de Limodre. Dun xeito análogo, as familias con nenos pequenos facían uso de Río Sandeo, areal que compartimos coa nosa veciña parroquia de Caamouco. Desde Río Sandeo pódese ir ata o porto e Redes por un agarimoso carreiro que culebrea ao carón do mar. Camiño que en dirección contraria e marchando cara ao leste lévanos ata a última das nosas praias, a menos agraciada en area pero a máis solitaria e entrañable; Río Castro. Presidida desde fai centos de anos por un, hoxe, ruinoso muiño de marea, do que apenas queda nada, que pronto será un mero recordo na memoria dos indíxenas.
Remontando o río Castro podemos subir, primeiro por un estreito e fermosísismo carreiro e logo seguindo unha pista abandonada ata a  veciña parroquia de San Martíño, disfrutando dun fermoso paseo que bordea a súa canle, cheo de ruinosos muiños a onde, no seu día, as xentes de lugares limítrofes levaban a moer o cereal, sustento da súa dieta diaria.

  

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...