Felicia POP 2020

The Bo Dereck´s

Falamos agora dun grupazo, tan guapos que se cualifican a si mesmos como Sex Symbols do Rock'n'Roll. The Bo Derek's, según eles mesmos, son o máximo expoñente do Old School R'n'R. Beben de grandes grupos internacionais como Dr Feelgood, Bishops, Bo Diddley, etc. Ou españois como a marabillosa banda de Javier Teixidor; Mermelada. The Bo Derek's propoñen unha vermú dipsómana entregada ao baile e á diversión. De poñerlles un pero....nós, eramos máis de Sydne Rome.

  Brighton 64



Brighton 64 é o grupo creado fai moitos anos polos irmans Gil, aqueles rapaces que se acobillaron no espíritu mod, chegan anos máis tarde ao Felicia Pop con un novo disco, cheo de temazos como poden ser "Juez y Parte" o "Playas de Mediterráneo" temas reivindicativos, contundentes, guitarreiros que non se apartan demasiado de aquelo que foi a súa esencia inicial, pero que navegan na percura doutros horizontes. Os irmans Gil moito máis explícitos que nunca, atracan as súas naves nos pantaláns do Felicia Pop. O lugar onde durante moitos anos as súas xentes fixeron que esta casa sí que fose a "bomba". Brighton 64 súbese por primeira vez aos seu escenario "como debe ser".

Ian Kay


A "Cola de galo" foi o punto de partida do Cock Tail, os mexicanos mesturaban diferentes augasfortes con zumes de froitas, cuio colorido asemellaba á cola do plumífero, xaropes moi do agrado e, polo tanto, adoptadas polos turistas Yankees que deambulaban pola baixa California. Ian Kay é a "Cola de Galo", nunca mellor dito, do Felicia Pop Festival. Trátase dun artista que manexa á perfección o "Jigger" evitando, deste xeito, que a mestura se pase ou se quede corta. Unha boa base dos Kinks, unha pinga dos Byrds, e aderezos dos Easybeats ou dos Small Faces, dan como resultado o cóctel perfecto….puro rock and Roll

  Los Pepes


Poñerlle como nome a unha banda de Rock, Los Pepes, implica carácter desde o minuto cero. Xogar cos hipocorísticos os leva directamente a fixarse nas girlbands dos años sesenta, construidas en base a frontgirls e a un coro de voces cristalinas, en algúns casos moi superiores ás das protagonistas. Pero ademais, os Pepes, son pais putativos e decir son e non son pais a un mesmo tempo. Ese ser e non ser xenera unha rabía infinita que se transforma en brutais temas de punk rock. Ao tempo que a ambivalencia stevensoniana, fai que se convirtan nunha banda de exquisita sensibilidade armónica. Ese Jeckill que gosta do melódico en loita co señor oscuro que os fai baixar ata os infernos cun sonido crudo e ruidoso.
En definitiva, a eterna lousa que levan todos os Pepes sobre as súas costas….ou eso me contaron.


Los Hermanos Dalton



Os Dalton son eses foraxidos torpes á par que entrañables que forman parte, como actores secundarios, das historias creadas por Morris. Aos Dalton o lector cóllelles cariño desde a primera lectura. O mesmo sucede con Power trío de San Fernando, desde a primera escoita recibimos tremendas descargas de adrenalina que nos transforman en yonkis da epinefrina enganchados a unha aventura que leva con nos preto de trinta anos e que non ten visos de parar…..Larga vida aos Joe,William Jack e Averell...outro tanto para os Gòmez Oneto.

Los chicos
Felicia POP Festival - Publicaciones | Facebook

A marmita dos Chicos fai da do eslombado e melenudo galo; Panorámix a de un aprendiz de druida. Los Chicos na súa pócima recollen influencias múltiples desde o Punk hasta o Reggae pasado polo Garaxe, Country ou Rhythm & Blues. Pero o realmente interesante do feitizo dos Chicos non son os ingredentes. O transcendental e a forma de adaptalos  xunto coa  súa posoloxía. O "Taberna Rock" sería a resultante de toda esta miscelanea, e é nesta confluencia onde se cruzan destinos cos seus incondicionais limodreses que intentaran trasladar as súas teimas aos debotos do Felicia Pop Festival.  

The Homens



The Homens son un grupo sin pretensións, ou mellor dito unha banda coa mellor das intencións. Os de Santiago pretenden, e as máis das veces consiguen, que o seu público baile e cante ata desgañifarse. A foto de referencia e unha significativa declaración de intencións; camisa a raias horizontais e kata de Hong Kong Fui. En resumen melodía, enerxía e actitude….con vostedes The Homens.

Los Fusiles


Chegan desde Sevilla e traen a recámara chea de melodías explosivas que complementan con letras amoreadas de perlas lingüísticas. Los Fusiles teñen a súa mira telescópica perfectamente calibrada, son francotiradores do Pop. Levan toda a vida nesta batalla, apuntando primero e disparando despois proxectis, revolucionarios, que impactan directamente na diana dos nosos sentimentos.

        Lie Detectors

Antiguamente os boticarios, recubrían os seus produtos  dunha pátina doce que pasaban polo lume, conferíndolles, de este éxito, un sabor agradable e unha cor dourada. Os nosos farmacéuticos veñen de Donosti e os pildorazos  que preparan viaxan como sputniks, directos á corteza motora do noso cerebro, activando as fibras musculares que nos transforman de inmediato en bailaríns improvisados. Os Lie Detectors teñen a fórmula, non necesitan dourar a píldora, mezclan rock and roll, garaxe e punk, a medida e as proporcións;  sólo eles as coñecen.

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...