domingo, 14 de junio de 2020

Redes


A veciña parroquia de Caamouco conta cun dos lugares máis fermosos de toda Galicia, a apenas un quilómetro do Felicia POP Festival atópase o encantador porto pesqueiro de Redes. O seu topónimo procede
da tradicional costume dos pescadores, que tras recoller a pesca do día colgaban as redes a secar sobre as cabrias, estruturas de madeira, distribuídas por todo o contorno do porto.  Redes merece máis dunha visita, bañarse nas súas praias, comer nos seus restaurantes, tomar un aperitivo nas súas terrazas gozando da brisa mariña e, sobre todo, vaguear por un lugar de esencia mariñeira. Descubrindo recunchos que quedarán para sempre nas nosas retinas. Paseando polos seus rueiros tropezarémonos con xoias da arquitectura indiana que conviven coa máis pura esencia da vivenda tradicional da Galicia mariñeira .

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...