sábado, 11 de julio de 2020

O Pregoneeeeeeero

Avisos 


 Reservas online  esgotadas!!!!!! 


 Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuitas e polo tanto ese feito conleva unha contrapartida. Teñen data de caducidade!!!!! As reservas poderanse ir retirando o mesmo día  durante toda a tarde no escenario do evento e, sobre todo, unha vez que se abran as portas ás 21 horas. A caducidade das reservas producirase no momento que salte o primeiro grupo ao escenario. Por que? Pois por motivos que nós creemos de xustiza, non podemos impedir o acceso a un espectáculo, en función dunha reserva que fixo alguén, que non sabemos si vai ou non vai acudir. As reservas, nese intre pasarán a converterse en entradas e estarán a disposición do público na taquilla.Colgándose o cartel de non se admiten reservas.
Facilidades, todas as do mundo, unha soa persoa pode retirar todas as entradas online reservadas, a condición de que aporte os xustificantes acreditativos e faga o pagamento do total, por suposto. Por iso, si estamos a gusto tomando algo ou ceando, pois alguén se achega retira as entradas e aquí paz e seguimos co que estabamos.

 Avisos 

Reservas online  agotadas!!!!!! 


 Aclaración en torno a las reservas!!!!!!!!. Seguro, que caísteis en la cuenta de que son gratuitas y este hecho acarrea una contrapartida. La reserva tiene caducidad!!!!! Las entradas se podrán ir retirando el mismo día durante toda la tarde en el escenario del evento  y, sobre todo, una vez que se abran las puertas a las 21 horas. La caducidad de las reservas se producirá en el momento que saltar el primero grupo al escenario. Por qué? Pues por motivos que nosotros creemos de justicia. NO podemos impedir la entrada a un espectáculo, en función de una reserva que hizo alguien, que no sabemos si va o no va a acudir. Las reservas, a partir de ese instante pasarán a convertirse en entradas y estar la disposición del público en la taquilla. Colgándose el cartel de no se admiten reservas Facilidades, todas las del mundo, una sola persona puede retirar todas las entradas reservadas online, siempre y cuando aporte los justificantes acreditativos y haga el pago del montante total, por supuesto. A modo de ejemplo; que estamos a gusto tomando algo o cenando, pues alguien se acerca al recinto retira las entradas y aquí paz y continuamos con lo que estábamos.

jueves, 9 de julio de 2020

Limodre praias.


 Limodre é unha parroquia situada ao bordo de ría de Ares, é un localidade pequena de menos de medio milleiro de habitantes. Onde nos coñecemos todos cos nosos defectos e as nosas virtudes. Pero ese non é o caso, estamos aquí e para falar de Limodre e das súas paraxes. Evidentemente non é a repanocha.

lunes, 6 de julio de 2020

Cartel Felicia POP 2020

Animarvos, so cincocentos elixidos gozarán del....

sábado, 4 de julio de 2020

Peter Perret


Outro dos nosos. Logo do seu paso polo Felicia POP volveu a compoñer fermosas cancións, e escoitaron os catro ventos cal fora a súa fonte de inspiración.

viernes, 3 de julio de 2020

The Bo Derek´s

Falamos agora dun grupazo, tan guapos que se cualifican a si mesmos como Sex Symbols do Rock'n'Roll. The Bo Derek's, según eles mesmos, son o máximo expoñente do Old School R'n'R. Beben de grandes grupos internacionais como Dr Feelgood, Bishops, Bo Diddley, etc. Ou españois como a marabillosa banda de Javier Teixidor; Mermelada. The Bo Derek's propoñen unha vermú dipsómana entregada ao baile e á diversión. De poñerlles un pero....nós, eramos máis de Sydne Rome.    

Brighton 64

Brighton 64 é o grupo creado fai moitos anos polos irmans Gil, aqueles rapaces que se acobillaron no espíritu mod, chegan anos máis tarde ao Felicia Pop con un novo disco, cheo de temazos como poden ser "Juez y Parte" o "Playas de Mediterráneo" temas reivindicativos, contundentes, guitarreiros que non se apartan demasiado de aquelo que foi a súa esencia inicial, pero que navegan na percura doutros horizontes. Os irmans Gil moito máis explícitos que nunca, atracan as súas naves nos pantaláns do Felicia Pop. O lugar onde durante moitos anos as súas xentes fixeron que esta casa sí que fose a "bomba". Brighton 64 súbese por primeira vez aos seu escenario "como debe ser".    

Ian Kay


A "Cola de galo" foi o punto de partida do Cock Tail, os mexicanos mesturaban diferentes augasfortes con zumes de froitas, cuio colorido asemellaba á cola do plumífero, xaropes moi do agrado e, polo tanto, adoptadas polos turistas Yankees que deambulaban pola baixa California. Ian Kay é a "Cola de Galo", nunca mellor dito, do Felicia Pop Festival. Trátase dun artista que manexa á perfección o "Jigger" evitando, deste xeito, que a poción se pase ou quede corta. Unha boa base dos Kinks, unha pinga dos Byrds, e aderezos dos Easybeats ou dos Small Faces, dan como resultado o cóctel perfecto….puro rock and Roll    

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...