viernes, 3 de julio de 2020

Ian Kay


A "Cola de galo" foi o punto de partida do Cock Tail, os mexicanos mesturaban diferentes augasfortes con zumes de froitas, cuio colorido asemellaba á cola do plumífero, xaropes moi do agrado e, polo tanto, adoptadas polos turistas Yankees que deambulaban pola baixa California. Ian Kay é a "Cola de Galo", nunca mellor dito, do Felicia Pop Festival. Trátase dun artista que manexa á perfección o "Jigger" evitando, deste xeito, que a poción se pase ou quede corta. Unha boa base dos Kinks, unha pinga dos Byrds, e aderezos dos Easybeats ou dos Small Faces, dan como resultado o cóctel perfecto….puro rock and Roll    

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...