domingo, 28 de junio de 2020

O emigrante



Falar do Emigrante e mergullarse en lembranzas dunha infancia máis Punk que Pop. Tirarse das penas ao mar, canto máis altas e menos auga; mellor. Lanzarse da corda e caer de cabeza, preferiblemente con pouca auga, sobre todo en presencia de foráneos.
Ás veces, poucas,"abusar" dos maiores coméndolles a merenda ou empurrandoos  ao mar mentras, distraídos, estaban a falar coas rapazas. A vinganza era proporcional á afrenta, corenta anos máis tarde sigo a comer sen sal!!!
Pero golpes, cortes, caladas, planchadas, e algunha que outra labazada tiñan a súa recompensa no Emigrante. Alí estaban Alfonso e Camila para darnos consello, botar un conto e sobre todo servirnos un xeado, daqueles de galleta, dos de Avidesa, dos de Luis Suñer, eso mesmo, dos do avó de Adrían Campos. Donos xa daquel preciado néctar, iamos subindo cara a casa enfundados nás nosas toallas-pareo, e envoltos nunha competición a ver quén era o último en rematar o xeado. Lengüeteando  o contorno de nata íamos  deixando a galleta, máis dura, para o final. Había auténticos artistas que lograban facernos pasar, aos máis larpeiros, un envexa terrible, pola súa capacidade de conservar e lambetear aquel micro xeado, apenas visible, entre pulgar e índice. Mentras, nós, os máis enchedoiros rebuscábamos no máis fondo do padal trazas dun xeado que facía tempo formaba parte do noso muestrario de  recordos.
O Emigrante de Alfonso, pasou a Camila e máis tarde foi José, Seito, o encargado de seguir o seu carreiro. Alí, xamais deixamos de ser nenos e convidamos a amigos e visitantes a coñecer un espacio máxico, onde únicamente con chiscar os dedos voltas de novo a vestir pantalón curto, camisetas cos teus coxuntos favoritos e a facer as trastadas propias da idade.

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...