O Facebook é un lugar máis inmediato, e as filípicas que colgamos, ás veces, pásanse de longo. Entón cremos que aquí, no blog, podemos aclarar unha serie de cousas dun xeito máis pausado.
Por exemplo, o tema da entrada; trátase dunha entrada simbólica e solidaria, de cinco euros en tarifa plana, e decir, abono ou entrada de día costaría o mesmo. En canto ás reservas entendemos que se trata de abonos. Deixaremos unha porcentaxe para a venda diaria en taquilla. En canto ao número de opción á hora de reservar, teremos que marcar o número de asistentes, cada un de nós ten a posibilidade de inscribir un máximo de tres persoas.
Tema vasos, serán individuais e sin poisibilidade de devolución por motivos derivados da pandemia, o vaso costará un euro, coidadeo como si fora parte do voso corpo, ou teredes que poñer outro euro. Vasos de usar e tirar non temos permitido o seu uso.
Mascarillas, a organización conta coas suficientes para todo o público asistente, unha por día e do modelo quirúrxico. Pero a esas alturas da película e coa experiencia acumulada, xa sabremos que mascarilla nos senta mellor, nos da menos a lata, aguanta longas sesións de baile, etc. Agradeceríamos que as mascarillas as trouxérades vós, ainda que queden as nosas sin repartir. Sería moito máis "agradable" e divertido. Botádelle imaxinación!!!!!
Non perdades tempo e reservade xa, o que queda de cartel está á altura do que levamos presentado.
sábado, 27 de junio de 2020
O Pregoneeeeeeero
Avisos Reservas online esgotadas!!!!!! Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...
-
Falamos agora dun grupazo, tan guapos que se cualifican a si mesmos como Sex Symbols do Rock'n'Roll. The Bo Derek's, según ele...
-
Avisos Reservas online esgotadas!!!!!! Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...