jueves, 2 de julio de 2020

Casa Ardá

Todos os pobos teñen os seus templos, e en Galicia máis, porque aquí somos moito de parroquias.Pero, non vos asustedes, neste texto non toca redactar homilías, letanías e demais ...ías.
Ainda que sí imos a falar de relixion, trátaremos de botar unha ollada á outra ara parroquial, aquela que é lugar de viños os domingos, cervexas os venres, e de discusións acaloradas e risas disparatadas casi todos os días. Estamos a falar de Casa Ardá, un dos bares da parroquia, pero esta non é unha taberna ao uso, eiquí cada pedra que da forma ao recinto é unha reliquia en sí mesma. Esas "modestas" pedras coñecen ao dedillo como evolucinou o divertimento desde os primeros anos do século pasado. Elas viron chegar a un señor de fora, que proxectaba sobre unha tela imaxes en movemento. Viron bailar e namorarse aos noso avós, aos nosos país e a nós mesmos. Pero sobre todo escoitaron, escoitaron sin dar un chio a voz xa augardentosa de Antonio Molina, á orquesta Trebol, e moitas outras daquelas que sí eran orquestas!!!! Sen embargo do que máis saben e de POP xa que nos últimos vinte anos foron principio e fin do Felicia POP Festival. Ante semellante tribunal opositaron nomes da talla de P.F Sloan, Pete Dello e Colín Hare, Peter Perret, Litto Nebbia, Os Pretty Things, Os Rubinoos, Os Barracudas, Os Super Ratones....e moitos máis. Solistas e grupos que, no seu día,estiveron no top ten das listas mundiais. Sólo cos grupos que tocaron en Casa Arda poderiase escribir unha historia do Rock and Roll. E de todo, todo, son testigo esas fermosas pedras que nos acobillan. E de todo, todo teñen a culpa polo menos tres xeracións da familia Ardá. Graciñas a todos, sin eles, posiblemente, non estivésemos aquí.

O Pregoneeeeeeero

Avisos    Reservas online  esgotadas!!!!!!   Aclaración en torno ás reservas!!!!!!!!. Seguro, caíchedes na conta de que son gratuita...